HomesociedadeControlado este domingo pola mañá o incendio de Carballedo, parroquia da Cova

Controlado este domingo pola mañá o incendio de Carballedo, parroquia da Cova

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 13.30 horas deste domingo. Arestora, as últimas novidades a destacar teñen que ver con que o incendio de Carballedo, parroquia da Cova, deuse por controlado esta mañá. Segue estabilizado desde a mañá deste sábado o incendio de Larouco que afectou gravemente a Quiroga, chegando ás portas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúan activos dous incendios de máis de 20 hectáreas en Galicia, ambos na provincia de Ourense. Trátase dos de Carballeda de Valdeorras-Casaio e de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, aínda que neste só se mantén activo o focode Vilariño, unha vez estabilizados os de Requeixo e Parafita en Chandrexa.

O incendio de Carballedo-A Cova deuse por controlado este domingo ás 11:30h, orixinárase o xoves 21 ás 18.14h. Tivo que decretarse a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Oleiros, unha situación operativa xa desactivada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 técnicos, 21 axentes, 43 brigadas,28 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

Ás 11.25h deste sábado quedaba estabilizado o incendio iniciado o mércores, 13 de agosto, ás 18.55 horas no concello ourensán de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta unha superficie estimada de máis de 30.000 hectáreas en territorio galego, no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 53 técnicos, 232 axentes, 308 brigadas,241 motobombas, 12 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 14 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Mentres o incendio de Larouco-Seadur afectaba ao municipio de Quiroga recibiu a visita de representantes da Subdelegación do Goberno en Galicia, a Subdelegación Provincial, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial.

Segundo os datos ofrecidos pola Consellería do Medio Rural, tendo en conta os lumes que continúan sen apagar —activos e estabilizados– a superficie queimada alcanza as 85.190 hectáreas.

Visita a incendio Quiroga Delegado do Goberno

Visita a incendio Quiroga Presidente da Xunta

Visita a incendio Quiroga Presidente Deputación Provincial

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...