Homesociedade3 de setembro de Portas Abertas no SAT de Quiroga

3 de setembro de Portas Abertas no SAT de Quiroga

Despois do éxito do pasado ano, este mércores, 3 de setembro, terá lugar unha nova Xornada de Portas Abertas nas instalacións do Servizo de Atención Temperá de Quiroga. Un servizo integrado tamén polos concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os nenos e nenas usuarios do servizo e as súas familias, para gozar dunha xornada de convivencia no centro de Quiroga, no barrio da Ribeira, entre as 16:00h e as 19:00h deste 3 de setembro.

Estas xornadas, nas que se convida ás familias, tanto se pertencen o servizo na actualidade como se formaron parte del nalgún momento dende a súa creación, o principal obxectivo e manter o espirito de comunidade entre as familias, os menores e os profesionais que forman parte do servizo.

Trátase de fortalecer deste xeito o vínculo entre estes e amosarlles ás familias que o Servizo de Atención Temperá e os seus profesionais sempre estarán aí para o que precisen. A xornada serve tamén para agradecer a confianza depositada polas familias na Dirección e no Equipo Técnico que traballa no servizo, ofrecéndolles un tempo para compartir as súas inquedanzas e dúbidas, ademais de pasar unha tarde de lecer compartido. Contarase con xogos e actividades dirixidas e amenizadas polos profesionas de Psicoloxia, Logopedia e Terapia Ocupacional que traballan no centro; e tamén merenda e conversas socializadoras.

SAT QUIROGA

O servizo entrou en funcionamento en setembro do 2020, co nome de Servizo de Atención Temperá da comarca de Quiroga, atendendo aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do neurodesenvolvemento -ou en risco de padecelos- e ás súas familias. En febreiro de 2021 establécese un novo convenio cos concellos de Sober, O Saviñao e Bóveda, polo cal quedan incluídos no novo Servizo. En outubro dese ano súmanse tamén A Pobra do Brollón e Pantón.

Na memoria do servizo do pasado 2024, recóllense 5 profesionais (2 psicoloxía, 2 logopedia, 1 terapeuta ocupacional) cun aumento no número de sesións de valoración –pasando de 205 a 283–, e no número de nenos/as atendidos/as con sesións individualizadas pasando de 94 usuari@s no 2023 a 111 no 2024. Ademais, a día de hoxe, non hai lista de agarda.

Os concellos con máis usuari@s no 2024 foron O Saviñao (33,4 %) e Quiroga (28,8 %), seguíndolle A Pobra do Brollón (9 %) e Folgoso do Courel (7,2 %). E as especialidades con máis demanda foron logopedia (39,28 %) e Psicoloxía (33,06 %).

Dende o 5 de xullo de 2023, o Director do SAT é Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...