HomeDeportesO Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Os graves incendios que arrasaron Quiroga este verán non impedirán que a proba se manteña. Para que iso sexa posible, a dirección técnica ten prácticamente deseñados os novos percorridos nos que a Montaña do Lor volverá ter protagonismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor de dous grandes incendios que entraron polo Concello da Rúa e o Concello da Pobra do Brollón, a dirección técnica do ‘Quiroga Trail Challenge’ decidiu tirar para adiante coa organización do evento.

Con esta determinación, e atrasando o período de inscricións para tomar decisións respecto a novos trazados e rutas, pensaron que a mellor opción para esta ocasión sería regresar cunha parte da proba ás Montañas do Lor que, aínda que tamén arderon, víronse menos afectadas que as que están polo leste do municipio quirogués.

En palabras de Blas Rodríguez, director da organización: “resulta do todo inviable utilizar percorridos que pasen por zonas queimadas pola propia seguridade dos corredores e tamén pola recuperación do chan; aínda así, o que non dubidamos en ningún momento é en celebrar igualmente a proba porque agora resulta máis necesario que nunca”.

Unha participante no QTC. Foto: Miguel Rúa.
QUIROGA TRAIL CHALLENGE  2026

O sábado, día 28 de febreiro, dominará o territorio do Lor con distancias para gusto de todos: desde as distancias ultras e maratón de 67, 55 e 42 quilómetros, ata as distancias medias de 35 e 29 quilómetros ou as máis curtas de 17 e 9 respectivamente. O domingo 29 correrase polas zonas que non arderon do “Castelo”, podendo escoller entre 25, 17 ou 10 quilómetros.

Sen esquecer aos andarines, deportistas que tamén poderán elixir entre as dúas distancias máis pequenas dos percorridos do domingo: 17 ou 10 quilómetros aproximadamente. Igualmente manteranse as opcións de correr en circuíto ou só un dos dous días.

O día 13 de outubro deste 2024, ás 20.00h, abrirán as inscricións e daranse a coñecer os percorridos exactos de todas as distancias. Desde a organización da proba confían en poder manter as expectativas de edicións pasadas e que o Quiroga Trail Challenge 2026 siga sendo “A Festa do Trail Galego”.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...