HomesociedadeO Concello de Monforte pide "unidade fronte ás manifestacións de odio"

O Concello de Monforte pide “unidade fronte ás manifestacións de odio”

Este martes, 23 de setembro, está previsto que Isabel Pérez Moñino, portavoz de VOX na Asemblea de Madrid e portavoz do partido da Axenda España, acompañada dos catro presidentes provincias en Galicia, visite Monforte para coñecer o centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns pola mañá celebrouse no concello de Monforte xunta de voceiros, convocada polo rexedor tras o ataque con cócteles molotov producido na madrugada do pasado sábado, 20 de setembro, contra o edificio de Prodeme elixido pola Xunta de Galicia para dar acollida a 80 menores estranxeiros non acompañados.

Asistiron á reunión a Teniente de Alcalde, Gloria Prada; a voceira do grupo municipal do Partido Popular, Katy Varela; o voceiro de grupo do BNG, Emilio Sánchez, e o voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez. Todos os representantes municipais acordaron de forma unánime a seguinte declaración institucional á que se lle dará lectura no vindeiro pleno municipal:

Declaración institucional

O Pleno do Concello de Monforte de Lemos, reunido en representación de todos os monfortinos e monfortinas, manifesta públicamente a súa máis enérxica condena diante dos gravísimos acontecementos acaecidos na noite do venres ao sábado, cando foron lanzados contra o centro Francisco Suárez de Monforte, propiedade da institución social PRODEME, cócteles molotov que provocaron un incendio que causou danos severos no edificio de O Malvarón, afectando gravemente ó comedor ubicado na planta baixa das instalacións, edificio no que a Xunta de Galicia ten proxectada a súa reconversión nun centro de acollida de menores estranxeiros, co obxectivo de acoller uns 80 mozos.

Este ataque constitúe non só un atentado contra a seguridade e a convivencia no noso municipio, senón tamén un acto que responde a motivacións de odio, racismo e xenofobia, totalmente incompatibles cos valores democráticos que defendemos como sociedade.

Monforte de Lemas sempre foi, e seguirá sendo, unha cidade aberta, solidaria e comprometida cos dereitos humanos. A violencia, o medo e a intolerancia xamais poderán ter cabida no noso municipio nin en ningunha sociedade que aspire á xustiza e á paz.

Expresamos todo o noso apoio e solidariedade coas entidades e profesionais que traballan cada día para garantir a protección dos menores estranxeiros, a súa integración e benestar. Do mesmo xeito, confiamos plenamente no labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Xustiza para esclarecer os feitos e depurar as responsabilidades que correspondan.

O Concello de Monforte de Lemos fai un chamamento á cidadanía para manter a unidade fronte a calquera manifestación de odio, reafirmando o noso compromiso coa convivencia pacífica, a igualdade, a diversidade e o respecto á dignidade de todas as persoas.

Unha agresión baseada no racismo ou a xenofobia non é só un ataque contra unhas vítimas concretas, é un ataque contra toda a nosa sociedade. E a nosa resposta debe  ser clara e rotunda: non hai lugar para o odio en Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...