Homesociedade3, 2, 1 médicos en Carballedo

3, 2, 1 médicos en Carballedo

O PSOE de Carballedo denuncia que os veciños están sen atender ao contar cun único médico por non cubrir, a Xunta, a baixa por vacacións do outro facultativo.

Publicado o

- Advertisement -

Antes de pechar o Centro de Saúde de Castro, Carballedo contaba con 3 médicos. Desde a Xunta decidiuse unificar o servizo no Centro de Saúde da Barrela, onde estaban prestando servizo dous facultativos ao non cubrir o Sergas a recente xubilación dun dos profesionais. Dos dous médicos que había, nesta semana estase nun, porque o outro está de vacacións e o facultativo que queda está desbordado, segundo apuntan desde o PSOE, ao ter que asumir o traballo de dúas persoas.

A voceira socialista en Carballedo, Isabel González, critica que “os veciños de Carballedo non estamos a recibir a atención sanitaria pública e de calidade á que temos dereito. A Xunta está xogando coa saúde das persoas e iso non o imos permitir. Non somos números.” Segundo Isabel González, o PP busca aforrar sen pensar nas necesidades dos veciños e teme que o peche do centro de saúde de Castro traia consigo o peche doutros servizos nesta parroquia.

Isabel González censura que a Xunta non teña dado ningunha resposta ás iniciativas que presentou toda a corporación municipal e os socialistas na Deputación, esixindo reabrir o Centro de Saúde de Castro. “Este peche vai provocar a retirada progresiva doutros servizos existentes nesta parroquia como a farmacia ou o banco, facendo moito máis complexo o día a días destes veciños que viven no rural” engadiu Isabel González.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...