HomesociedadeA Deputación e a Diócese de Lugo invisten preto de 440.000€ na...

A Deputación e a Diócese de Lugo invisten preto de 440.000€ na restauración de nove igrexas da provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves co Bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, o convenio de colaboración polo que a institución provincial achega preto de 220.000€ á Diocese lucense para a restauración e mellora de nove igrexas históricas da provincia. Pola súa banda, a institución eclesiástica achega outros 220.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cun investimento de 440.000€ actuarase na mellora e rehabilitación destas igrexas históricas da provincia situadas nos concellos de Antas de Ulla, Sarria, Monforte de Lemos, Monterroso, A Pobra do Brollón, O Corgo e A Fonsagrada.

As actuacións incluídas no convenio consisten fundamentalmente na reparación e renovación de cubertas, eliminación de filtracións, mellora de accesibilidade e acondicionamento de espazos para uso cultural. Concretamente, o documento recolle as seguintes actuacións:

En Monforte, na igrexa de Santa María de Rozavales, renovarase a pizarra e a madeira que estea en mal estado e colocaranse canalóns semicirculares con 39.300€. Na igrexa de Santa María da Penela, acondicionarase a cuberta con 44.000€; e na de Santa María de Baamoorto restaurarase a tella da cuberta do adro da igrexa con preto de 29.400€.

Na igrexa de San Xosé de Oural, en Sarria, acometerase cun investimento de case 87.300 euros para a eliminación de humidades ocasionadas pola filtración de auga a través da cuberta de pizarra, mellorar a accesibilidade e a seguridade.

Na igrexa de San Salvador de Ferreiros, na Pobra do Brollón arranxarase a cuberta substituíndo a lousa e a madeira en mal estado.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...