HomeCulturaA mostra expandida "Un cadro nun lugar" amosa en empresas e institucións...

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada vén de poñer en marcha unha iniciativa para reforzar o seu vínculo co territorio e amosar a obra que será protagonista do futuro Museo dedicado ao pintor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra expandida, “Un cadro nun lugar”, implica a cesión en déposito de cadros de Manuel Jorge a institucións e empresas con arraigo na Ribeira Sacra. O obxectivo é que as pezas ocupen espazos públicos ou con tránsito, de maneira que se vaian incorporando ao imaxinario colectivo como parte do patrimonio cultural da Ribeira Sacra.

Polo momento colgáronse cadros no Auditorio Municipal de Chantada, unha pequena mostra da serie que Manuel Jorge dedicou ás Meninas de Velázquez e que nunca antes se amosara en Galicia. O Ecomuseo de Arxeriz acolle un tríptico de obras abstractas de gran formato que ofrecen un contraste moi estimulante coa musealización do espazo. Tamén se sumaron ao proxecto a Queixaría Airas Moniz, que escolleu amosar unha paisaxe azul e un retrato de pequeno formato, ambas da súa etapa abstracta. Por último, o Estudio X+P, dende onde se coordinan as obras do futuro Museo, ten en depósito unha pintura dun colorido vibrante e unha técnica próxima ao expresionismo abstracto.

A Asociación xa está en contacto con outras institucións e empresas da Ribeira Sacra para que se sumen á iniciativa e acollan obra do chantadino mentras se reforma o edificio que acollerá o futuro Museo Manuel Jorge. Estas obras, iniciadas hai un ano, implican a restauración dun edificio no número 7 da Praza do Cantón, en pleno casco histórico de Chantada. Terá dúas salas de exposicións, talleres destinados a artes plásticas e dixitais, unha sala multiusos para cursos, conferencias e proxeccións, e un mais arquivo e sala de investigadores.

Mercedes Vázquez, presidenta do colectivo, destacou que se trata dun proxecto ambicioso no que terán cabida propostas artísticas e culturais máis aló da obra de Manuel Jorge: «Será un museo aberto no que queremos atraer expresións artísticas e pensamento a Chantada, ao tempo que sirva para proxectar a Ribeira Sacra como espazo de creación e encontro arredor da cultura».

Vázquez destacou a ubicación do futuro Museo, xunto ao ao Camiño de Inverno e na Praza do Cantón chantadina que xa é o epicentro cultural da vila. Por iso, na planificación do mesmo, contémplase que exerza como Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra, colaborando e establecendo sinerxias con outros colectivos e iniciativas culturais do territorio.

Un cadro nun lugar, Auditorio de Chantada / Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...