HomesociedadeAlumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

O Alcalde de Monforte, José Tomé, acompañou a un grupo de alumnos de 2º curso de Educación Primaria do Colexio Escolapios de Monforte nunha visita didáctica á Casa do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de Plenos, onde os recibiu o rexedor para explicarlles o funcionamento e composición do Concello como administración máis próxima aos cidadáns. Neste senso, o alcalde referiuse tanto aos trámites administrativos que realiza o persoal funcionario como ao traballo dos órganos de representación e dos diferentes partidos políticos: “Aquí está representada a vontade dos monfortinos e as monfortinas”, indicou.

O alumnado tivo tamén a oportunidade de ocupar os escanos do Salón de Plenos e comprobar o funcionamento dos micrófonos e o control do tempo nas intervencións plenarias dos concelleiros e concelleiras que compoñen a Corporación Municipal. Os rapaces tiveron a opción de facer as súas preguntas e o Alcalde contestou a todas elas.

Seguidamente, os escolares realizaron unha visita guiada ás dependencias da Policía Local, onde os axentes amosáronlles as instalacións e o funcionamento do sistema de cámaras e os vehículos policiais.

ÚLTIMAS

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...