HomesociedadeChantada mellora a Fonte da Ponte

Chantada mellora a Fonte da Ponte

O Concello de Chantada, a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas, vén de rematar coa mellora da Fonte da Ponte. As actuacións, que financia integramente a administración local, consistiron en darlle unha nova estrutura para optimizar as condicións estéticas e de salubridade desta fonte, moi utilizada pola veciñanza da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de seguir mellorando esta infraestrutura o Concello de Chantada está xestionando coa CHMS, Confederación Hidrográfica Miño Sil, o cambio da tubaxe que vai ao manantial. O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, explica que, “as tubaxes desta fonte son moi antigas e prodúcense arrastres que poden afectar á calidade da auga. Renovamos a estrutura exterior porque a veciñanza viña demandando unha mellora e agora estamos cos trámites coa Confederación para co cambio de tubaxe, mellorar a calidade da auga”.

Nese ánimo, a concellaría traballa tamén nun plan de análise da auga que garanta un control exhaustivo das fontes máis utilizadas. O alcalde asegura, que ademais de mellorar este tipo de servizos, se busca conservar tamén os elementos patrimoniais que levan asociados, tanto no medio rural como na capitalidade municipal, “No casco urbano renovouse a Fonte da Portada e o Lavadoiro de Zaquín, estamos facendo o mesmo nas parroquias, utilizando as subvencións para a conservación de lavadoiros, e botando man doutras axudas ou fondos propios para seguir dándolles vida a estas infraestruturas”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...