HomeEconomíaI Foro de Emprego Ribeira Sacra o 20 de novembro en Monforte

I Foro de Emprego Ribeira Sacra o 20 de novembro en Monforte

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next promove a celebración do I Foro de Emprego Ribeira Sacra. A actividade levarase a cabo o xoves, 20 de novembro en horario de 10.30h a 13:30h no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a súa posta en marcha, a Asociación ten detectado entre as empresas asociadas unha serie de necesidades ás que se lles intenta dar resposta. Entre esas demandas están a formación e o emprego e a celebración de networkings para intercambiar experiencias, sobre estas temáticas, entre as empresas asociadas.

A este respecto, despois de celebrar este mércores un encontro de Empredemento Escolar que vincula a polígonos industriais e centros de ensino, o día 20 de novembro levarase a cabo este primeiro Foro de Emprego que rematará cun espazo de nerworking.

A axenda da xornada é a seguinte:

  • 10:30-10:40 Benvida e presentación. Presentadora: Ana Randolfe (ACH).
  • 10:40-11:30 Mesa redonda: Presentación institucional. Situación do mercado laboral nas zonas rurais (Ribeira Sacra). Participan: Carmen José López Directora Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, César Blanco, Presidente da Confederación de Emprearios de Ourense, Severino Rodríguez, Presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra. Modera: Manola Porto de Onda Cero.
  • 11:30-12:15 Mesa redonda: Necesidades e dificultades das empresas para a contratación. Sinerxías coas entidades sociais da zona. Participan: Guillermo Solana (PANGAL), Núria Diéguez (Igaxes), Olalla García (Albores) e Iago Prado (Provivienda). Modera: Mónica Yáñez (Cáritas Diocesana de Lugo).
  • 12:15-12:45 Mesa redonda: Presentación da Plataforma de Ofertas de Emprego RS NEXT da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next. Utilidade da plataforma para o fomento do emprego. Caso de éxito. Participan: David Diéguez (xerente, Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next), Laura Iglesias (ACH) e Manuel Dacosta (Galega de Investimentos e Proxectos, asociada a Ribeira Sacra Next). Modera: Lidia Enrich (Provivienda).
  • 12:45-13:00 Quenda de preguntas do público e debate aberto. Modera: Lidia Enrich (Provivienda).
  • 13:00-13:10 Clausura o Foro, Severino Rodríguez, Presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
  • 13:10-13:30 Espazo de networking

Colaboran con este I Foro de Emprego Ribeira Sacra:Provivienda, Igaxes, Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Acción contra a Fame, Albores Saúde Mental e Cáritas.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...