HomesociedadeEncontro en Pantón o 18 de novembro, "Por que nos xuntamos os...

Encontro en Pantón o 18 de novembro, “Por que nos xuntamos os homes?”

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Pantón programa para o martes, 18 de novembro, un encontro destinado só a homes. Co título, "Por que nos xuntamos os homes?", a actividade forma parte da programación do 25N.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Enmarcado dentro da programación do #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o martes, 18 de novembro, ás 20:00h na Casa da Cultura de Ferreira, os homes reuniran para abordar as cuestións se que lles preocupan.

A actividade, está pensada como espazo de encontro e coidado para que os participantes poidan intercambiar inquedanzas sobre o papel dos homes nos contextos actuais e o seu compromiso para unha igualdade real.
Que responsabilidade temos os homes para acabar coa violencia?
Como facemos para recoñecer e abandonar privilexios?
Como reconectar coas nosas emocións e vulnerabilidade?
Podémonos organizar como grupo de homes para contribuír a eliminar as desigualdades de xénero?

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...