HomeEconomíaA accesibilidade á vivenda inflúe na man de obra que chega á...

A accesibilidade á vivenda inflúe na man de obra que chega á Ribeira Sacra

I Foro de Emprego Ribeira Sacra e estrea do primeiro Portal de Emprego específico para a zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 20 de novembro desenvolvíase o I Foro de Emprego Ribeira Sacra que promove a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next coa colaboración de entidades Sociais do territorio: Acción contra el Hambre, Igaxes, Albores, Cáritas, Fundación Belarmino Fernández Iglesias e Provivienda.

O encontro, que tivo lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra reuniu a máis de 40 persoas representativas do tecido empresarial da contorna e das entidades sociais da Ribeira Sacra. O Foro reunía así a dúas partes fundamentais no proceso de oferta e demanda de emprego, abrindo o sector empresarial á sociedade para poder establecer as sinerxias adecuadas.

Nas súas conclusións e plan de traballo destácase como máis significativas:

1.- Á hora de falar de Emprego, o problema máis destacado no territorio é a falta de man de obra e a necesidade de vinculala con dúas cuestións transversais: Vivenda e  Formación.

Para abordar o problema da Vivenda e garantir ás persoas propietarias unha seguridade xurídica completa que facilite as condicións de acceso a vivenda por parte dos inquilinos/as, considérase necesario a creación dunha figura ou entidade, que facilite e faga posible estas dúas condicións.

Con respecto a Formación considérase necesario elaborar un mapa da Ribeira Sacra onde se referencien as necesidades das empresas e a formación existente, para así afianzar as fortalezas coas que se conta e demandar as necesidades oportunas.

Foro Emprego Ribeira Sacra / Ribeira Sacra Next

2.- Considérase fundamental establecer unha comunicación permanente entre as necesidades de emprego das empresas e as persoas que buscan traballo. Ademais da coordinación necesaria para iso, unha importante ferramenta de recursos humanos para as empresas será o portal de emprego que acaba de poñer en marcha a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e que ofrece un canal específico para o territorio onde unir as necesidades de emprego das empresas coas persoas que buscan traballo. As persoas presentes coindiron en calificala como a primeira plataforma de emprego nunha zona onde non hai empresas de traballo temporal nin servizos axeitados ás necesidades reais.

3.- Fixouse como necesidade imperiosa, o traballo colaborativo entre todas as entidades participantes e os restantes actores do territorio para definir as actuacións necesarias para impulsar esta plataforma de emprego e poñer solucións a cuestións como vivienda e formación.

O xerente de Ribeira Sacra Next, David Diéguez, explicaba que, “a plataforma vaise nutrindo progresivamente e cantas máis persoas e empresas se dean de alta, mellor servizo poderá ofrecer. Polo momento temos unha trintena de ofertas e imos nutrindo a plataforma coa colaboración das técnicas de emprego das entidade sociais. A idea é que na medida que a plataforma medre, poidamos contratar unha persoa específica para a súa xestión”. Nesta mesa expuxéronse xa experiencias coa aplicación e deuse conta de casos de éxito coa contratación de 6 traballadores.

O I Foro de Emprego Ribeira Sacra contou coa participación de Carmen José López Directora Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo e César Blanco, Presidente da Confederación Emprearial de Ourense, ademais de representantes das asociacións colaboradoras, Acción contra el Hambre, Albores, Cáritas, Igaxes, Provivienda e a Fundación Belarmino Fernández.

Foro Emprego Ribeira Sacra / Ribeira Sacra Next

ÚLTIMAS

Sarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4×4

A competición, organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria,...

Pase de outono de ‘Vendaval’, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra

Vendaval, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra, comezou este xoves, 20 de...

Sete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de Cross en Atapuerca

Este domingo, 23 de novembro, o Centro Arqueolóxico Experimental de Atapuerca acollerá o Campionato...

Xa están en Monforte os cinco primeiros menores migrantes que tutelará a Xunta

A chegada dos menores farase de modo progresivo, de maneira que nesta semana chegaron...