HomesociedadePantón celebra o I Mercado de Nadal os días 3 e 4...

Pantón celebra o I Mercado de Nadal os días 3 e 4 de xaneiro

Este martes, 16 de decembro, ás 20:00h a Casa da Cultura de Ferreira acolle, ademais unha nova cita destinada a homes e promovida polo departamento de Servizos Sociais do Concello, "Por que nos xuntamos os homes?"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón organiza unha variada programación para celebrar este Nadal en familia. Ademais das convocatorias habituais destas Festas, o concello introduce unha importante novidade e celebra o I Mercado de Nadal que terá lugar os días 3 e 4 de xaneiro, antes de Reis.

Este primeiro Mercado de Nadal de Pantón, desenvolverase na Praza do Concello (se a climatoloxía non acompaña, trasladarase ao Pavillón Municipal) en horario de 11:00h a 19:00h. A asignación dos espazos para os postos de artesanía, alimentación, antigüidades, decoración, xoguetes… farase o sábado día 3 ás 8:00h na Praza do Concello.

Poderán participar todas as persoas que desempeñen calquera actividade económica relacionada coa temática deste Mercado, profesionais na decoración de Nadal, nas antigüidades e na actividade artesá, profesionais no mundo da alimentación, dos xoguete ou dos complementos. Os/as participantes terán que traer o seu posto e o necesario para a súa montaxe. O concello porá a súa disposición puntos de luz e servizo de seguridade nas horas de peche.

As solicitudes deben de presentarse antes do 26 de decembro na Casa da Cultura ou na sede electrónica do concello de Pantón, xunto coa seguinte documentación:

  • Memoria con fotos do produto que se vai vender.
  • Fotocopia do DNI.
  • Copia do último recibo de autónomo.

Os postos que estean admitidos serán comunicados a través do correo electrónico indicado na solicitude e publicados no taboleiro de anuncios do concello.

Como todos os anos o Concello de Pantón organiza por estas datas os Concursos de Postais de Nadal e de Beléns para os que hai prazo aberto ata o 20 de decembro. Na Casa da Cultura cóntase durante todo o mes coa exposición Comidas de Nadal Macrofotografía e este sábado, 13 de decembro acolle de 11:00h a 13:00h un Obradoiro infantil de nadal sostible. O 2 de xaneiro no Pavillón Municipal, a cativada contará cos xogos de Infantilandia, que se desenvolverán de 17:00 a 20:00h.

Ademais do Mercado de Nadal que terá lugar os días 3 e 4 de xaneiro, a programación destas Festas en Pantón pecharase co Festival de Reis, que terá lugar o 5 de xaneiro desde as 17:00h con actividades na Praza do Concello. As 18:00h comezará a recepción das Súas Maxestades os Reis Magos no salón de actos do edificio sociocultutral.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...