HomesociedadeA Conselleira do Medio Rural destaca en Quiroga a aposta polos cultivos...

A Conselleira do Medio Rural destaca en Quiroga a aposta polos cultivos emerxentes como a oliveira

María José Gómez inauguraba este sábado a xornada formativa sobre a elaboración de aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia. A conselleira, que estivo acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, fixo fincapé na recuperación do cultivo da oliveira nos últimos anos, "contando con moitas empresas familiares que apostaron pola calidade e pola recuperación de variedades autóctonas, que teñen unhas cualidades únicas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta iniciativa formativa celebrada en Quiroga, na que participaron expertos galegos e portugueses, era afondar na elaboración deste produto na nosa comunidade, poñendo o foco nos aspectos técnicos do traballo en almazara, no control dos procesos e na profesionalización do sector como base para o seu desenvolvemento sostible no rural galego.

Así, nun contexto atlántico con características propias, a calidade do aceite de oliva virxe extra (AOVE) depende en gran medida dun manexo axeitado da almazara, do coñecemento técnico-científico e da capacidade para avaliar e mellorar o produto final. Ao longo da xornada abórdanse estes aspectos desde unha perspectiva práctica, científica e estratéxica, combinando experiencias profesionais contrastadas, coñecemento académico e análise sectorial.

Ademais, integrouse a cata de aceites como ferramenta técnica aplicada á elaboración, mentres que a proposta gastronómica final permite poñer en valor o AOVE galego como produto de calidade diferenciada e con potencial económico.

A Conselleira apostou por aproveitar este tipo de riquezas, “seguiremos impulsando no próximo período da PAC 2028-2034, con axudas máis específicas para os cultivos emerxentes, caso da oliveira. Producións para recuperar territorio no rural”.

Neste 2026 vaise iniciar, precisamente, a produción de planta de oliveiras certificadas de variedades autóctonas no Centro de experimentación agraria do Baixo Miño, situado en Salceda de Caselas, co obxectivo de que os produtores poidan dispoñer delas e tamén para continuar estudándoas.

Conselleira Medio Rural xornada aceite Quiroga / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...