HomeEconomía5 xeracións da Panadería Pallares de Sarria, premio á Traxectoria do Comercio...

5 xeracións da Panadería Pallares de Sarria, premio á Traxectoria do Comercio Galego 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este venres en Sarria a Panadería Pallares, gañadora nos Premios do Comercio Galego 2025 do galardón na categoría de Traxectoria por ter xa a quinta xeración familiar ao seu cargo e por saber modernizarse co paso do tempo con iniciativas como un museo etnográfico do pan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste 2026 celebrarase unha nova edición do certame que busca poñer en valor os homes e mulleres que integran o Comercio Galego, así como medidas xa consolidadas e outras novas co gallo de seguir reforzando este sector clave na economía. Aproveitando a visita, José González puxo en valor que a panadería fose fundada en 1876 e que desde entón soubese combinar perfectamente tradición e innovación, tanto no seu amplo catálogo de produtos á venda como na estética do seu local e escaparate. Un escaparate que —segundo salientou— teñen cedido en máis dunha ocasión a artesáns ou artistas locais, como mostra do seu compromiso e implicación coas persoas e entidades dinamizadoras da súa contorna, de ámbitos como o cultural ou o deportivo. 

Sobre a evolución da relación coa clientela, resaltou a súa tenda online, a súa importante presenza en redes sociais ou proxectos fidelizadores como concursos interactivos. Tamén aludiu á aposta pola sostibilidade nos seus materiais ou embalaxes co fin de adaptarse aos novos tempos e esixencias das persoas consumidoras, ao tempo que coidan o medio ambiente.

Coa nova imaxe do Comercio Galego como pano de fondo, o titular de Emprego asegurou medidas neste 2026 no marco do Plan estratéxico deseñado co sector deica 2030, co obxecto de seguir impulsando os máis de 32.000 establecementos comerciais que dan emprego a preto de 107.000 persoas en Galicia. Entre elas, as axudas xa publicadas por case 4 M€ con tres liñas compatibles entre si orientadas á dixitalización e innovación comercial, á modernización, mellora da imaxe e eficiencia e á sostibilidade ambiental; os bonos Activa Comercio, o proxecto de dinamización Vilas Vivas ou o impulso da formación para avanzar na profesionalización do sector.

No eido da artesanía, destacou a nova liña de apoios por 1 M€ para a formación de aprendices en oficios artesanais ou a potenciación de iniciativas como Artesanía no Prato. No referente ás prazas de abastos, citou a convocatoria por 2,3 M€ para impulsar unha Rede galega de Mercados Excelentes e accións novidosas como Prato de Mercado, que conecta as prazas de abastos cos restaurantes da súa contorna.

A maiores, o conselleiro puxo a Panadería Pallares como exemplo de emprendemento ligado ao territorio, un eixe fundamental que se impulsará cunha nova estratexia na que terá un papel central a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, como o situado en Sarria.

Panadería Pallares / Consellería de Emprego

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...