HomesociedadeA CIG denuncia falta de persoal de enfermaría na residencia de maiores...

A CIG denuncia falta de persoal de enfermaría na residencia de maiores de Quiroga

A CIG advirte das graves carencias de persoal na Residencia de Maiores da Fundación Valdegodos en Quiroga onde as usuarias e usuarios levan máis dun ano sen dispoñer de persoal de enfermaría.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o sindicato, esta carencia supón un incumprimento claro da normativa vixente, nomeadamente da Orde do 4 de decembro de 2024 (DOG do 13 de decembro), que estabelece a obrigatoriedade de contar con persoal de enfermaría nas residencias de maiores en función do número de persoas usuarias e do seu grao de dependencia. A citada norma recolle expresamente que “a vixilancia e o coidado da saúde das persoas residentes debe estar garantido por persoal cualificado, incluíndo enfermeiras/os nas ratios marcadas”.

A Unión Local da CIG de Monforte considera “absolutamente inaceptábel” que un centro destas características “poida permanecer durante tanto tempo sen cubrir un servizo esencial para a atención sanitaria das persoas residentes, moitas delas en situación de especial vulnerabilidade”.

Aseguran que esta situación provoca un efecto directo sobre o sistema público de saúde, “xa que a falta de persoal de enfermaría no centro implica o traslado de cargas asistenciais ao centro de saúde de Quiroga, saturando os seus recursos e incrementando a sobrecarga de traballo do seu persoal.”

O sindicato xa tratou esta problemática coa dirección do centro, requiríndolle a adopción inmediata das medidas necesarias para cumprir coa legalidade e garantir unha atención digna e segura. De non producirse unha solución a curto prazo, a CIG advirte de que procederá a emprender as accións legais oportunas co obxectivo de depurar responsabilidades e garantir o cumprimento da normativa vixente.

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...