HomesociedadeRafa Centeno: "Unha botella de Amandi emociona, sorprende, deixa pegada"

Rafa Centeno: “Unha botella de Amandi emociona, sorprende, deixa pegada”

O chef do Restaurante Vértigo, Rafa Centeno, gañador da única Estrella Michelin da provincia de Lugo, foi o encargado de pronunciar o pregón da XLVI Feira do Viño de Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rafa Centeno reivindica os viños de Amandi “como unha maneira de vivir e de entender o mundo”. O cociñeiro recoñeceuse emocionado por ser elixido para pronunciar o pregón e asegurou que na mesa nunca está só, “porque sempre hai algo que acompaña, que eleva, que fala. E ese algo son os vosos viños”. Uns viños que asegurou, “falan de tradición, de historia, de cultura, de identidade e dunha maneira de vivir e entender o mundo”. “É por iso que alá onde vain sorprenden, emocionan, deixan pegada”, destacou.

O punto e final do pregón que foi seguido pola gran cantidade de público presente fíxose cun brinde: Viva o viño de Amandi, viva Sober!!. Pola súa banda, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, tivo palabras de recoñecemento para o pregoeiro de quen destacou o seu vínculo co municipio. No seu discurso agradeceu tamén a asistencia de quen se achega cada ano á Feira do Viño de Amandi e o esforzo de todos os que fan posible esta celebración.

“Estamos aquí, un ano máis, para degustar a última colleita, máis curta do habitual en cantidade pero sobresaínte en calidade. E con esta feira queremos que a nova colleita sexa tamén frutífera en amizades e, como non, en recompensas ao esforzo de todo un ano”, sinalou. O rexedor referiuse tamén á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade: “En catro meses o Comité de Patrimonio Mundial da Unesco decidirá se a Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade. Vai selo”.

Rafa Centeno e Luis Fernández Guitián brindando. Foto: Concello de Sober.

Viños gañadores XLVI Feira do Viño de Amandi

Tinto (son os tres gañadores):

  • Cruceiro Mencía 2025 de Adega Cruceiro
  • Don Bernardino Mencía 2025 de Adega Don Bernardino
  • Romeo Domain 2025 de Adega Gullufre

Branco:

  • Cruceiro Rexio Godello 25 de Adega Cruceiro
  • Mellor rosado xoven:
  • Priscillus Rosado 2025 de Adega A Man de Prado

Mellor tinto barrica:

  • Adega Parcela Carballo Cobo 2021 de Adega Algueira

Mellor viño doutras colleitas:

  • Cividade Mencía 2024 de Adega Cividade

Todos eles levaron un diploma e unha peza de Gundivós. O Concello homenaxeado este ano foi o de Ribas de Sil. O seu alcalde, Roberto Castro, recibiu un agasallo institucional de mans do rexedor soberino.

Premiados Feira do Viño de Amandi 2026 / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...