HomeEconomíaA Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next colabora cos polos de emprendemento...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next colabora cos polos de emprendemento da Ribeira Sacra para dinamizar o territorio

O mércores, 15 de abril, desde as 12.00h organízase no Mosteiro de Santo Estevo, no concello de Nogueira de Ramuín, a xornada “Potenciando os recursos da Ribeira Sacra”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste 2026 a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next está a desenvolver unha completa axenda de propostas para dinamizar o territorio e darse a coñecer entre os emprendedores e empresas da Ribeira Sacra.

Estas actividades desenvólvense en colaboración cos polos de emprendemento e os concellos. Así o mércores, 15 de abril, desde as 12.00h organízase no Mosteiro de Santo Estevo, no concello de Nogueira de Ramuín, a xornada “Potenciando os recursos da Ribeira Sacra”. O encontro diríxese a persoas emprendedoras, profesionais e entidades interesadas en descubrir e aproveitar o potencial do territorio.

O obxectivo da proposta é impulsar proxectos innovadores vinculados aos recursos locais, poñendo en valor as oportunidades que ofrece a contorna da Ribeira Sacra. Durante o evento abordaranse ámbitos clave como a empresa, o turismo, o patrimonio, o sector agroalimentario e os servizos, fomentando a creación de iniciativas sostibles e adaptadas ás necesidades da zona. A asistencia é gratuíta, pero require inscrición previa a través do seguinte enlace: https://es.polosemprendemento.gal/calendar/potenciando-os-recursos-da-ribeira-sacra

Esta xornada está organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño e a Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next, coa participación da Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín e o Concello de Nogueira de Ramuín.

Xa a finais de marzo se desenvolverá co Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Monforte de Lemos, a xornada “Fomentando a transmisión de negocios”, unha actividade centrada nas oportunidades que ofrece a remuda xeracional no tecido empresarial.

E despois da cita deste 15 de abril en Nogueira de Ramuín, a seguinte actividade cos polos de emprendemento desenvolverase en Xunqueira de Espadanedo cunha xornada networking que terá lugar o 12 de maio.

Este tipo de actividades promoven o intercambio de experiencias e a colaboración entre os diferentes axentes locais, fortalecendo o ecosistema emprendedor da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...