HomeTerra de LemossanidadeResposta da Xunta ás reivindicacións sobre o Hospital de Monforte

Resposta da Xunta ás reivindicacións sobre o Hospital de Monforte

En Marea vén de preguntar no Parlamento sobre as previsións do Goberno galego respecto das demandas referidas ao aumento do persoal neste centro hospitalario.

Publicado o

- Advertisement -

A resposta da Consellería de Sanidade recolle, literalmente: “Os traballadores e traballadoras do Hospital de Monforte contan coas ferramentas e recursos necesarios que contribúen a mellorar o desempeño do seu traballo.

Nos últimos anos produciuse un aumento importante en relación cos recursos humanos do hospital, ofrecéndose novos servizos e reforzando algúns xa existentes. Asimesmo, tamén se fixo inversión para mellorar a infraestrutura do hospital e os recursos materiais do mesmo.

No Hospital de Monforte analízanse as necesidades do centro diariamente, realizando as contratacións para dar a cobertura necesaria. A dirección do Centro, segundo a carga de traballo, pode dispor dun traballador/a excedente no seu servizo para cubrir un posto da súa categoría noutro servizo”.

Segundo En Marea, a Xunta non aposta por reforzar de xeito estrutural o persoal necesario e move persoal dun servizo a outro, estratexia insuficiente para En Marea, que asegura que o Hospital de Monforte precisa que se contrate de xeito estable o persoal necesario.

ÚLTIMAS

“O Son da Serra, cando O Courel derramou bágoas de cinsa” proxéctase este 19 de novembro no Multiusos de Samos

O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é o filme...

Chantada humanizará co plan HURBE a conexión entre a rúa Doutor Fleming e a Avenida de Lugo

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e a Conselleira de Vivenda e Planificación...

Inscricións abertas ata o 9 de decembro para participar no Mercado de Nadal de Monforte

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde este mércores, 18 de novembro,...

O PP de Monforte non participará nos actos municipais do 25N

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte anuncian que non participarán nos...