HomesociedadeLaboratorio de Experiencias, nova proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra...

Laboratorio de Experiencias, nova proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que se celebra ata finais de xuño

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abre o prazo de inscrición para participar nas actividades do Laboratorio de Experiencias, unha nova programación pensada para testar e poñer en valor propostas turísticas singulares arredor da identidade, da paisaxe e da creatividade do territorio. Todas as experiencias serán de balde para as persoas participantes e desenvolveranse entre o 23 de maio e o 28 de xuño, en diferentes puntos da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Laboratorio de Experiencias propón un modelo turístico máis experiencial, sostible e conectado cos valores propios do territorio, reforzar ademais a candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO, que será resolta no mes de xullo de 2026 e que sitúa a auga como elemento central da paisaxe cultural do territorio. Neste contexto, a programación aposta por propostas vinculadas aos ríos, á memoria tradicional, á creación artística e ao traballo das persoas produtoras locais.

O programa estrutúrase arredor de catro eixos temáticos, que permitirán achegarse á Ribeira Sacra desde perspectivas diversas e complementarias:

Artes na Ribeira. Unha liña centrada na creación artística e na participación directa do público, con actividades arredor da música, da danza, da pintura, da escultura e do teatro. Inclúe as seguintes propostas:
● Danza e música contemporánea, con obradoiro, demostración de danza e concerto participativo de piano.
● Artistas por un día. Escultura e pintura, con talleres impartidos por Joaquín Balsa e Modesto Trigo.
● Xogando co teatro, unha experiencia de teatro de rúa que culminará cunha pequena representación ao final da xornada.
● Sinte a música de raíz, cunha introdución aos instrumentos tradicionais, elaboración dun instrumento propio e paseo musicado.
● Danza e música tradicional, con obradoiros de danza e pandeireta.
● Danza e música contemporánea 2, con taller, demostración e concerto participativo de violín.

Auga activa. Experiencias de turismo activo na contorna dos ríos, combinadas con interpretación da paisaxe, da xeoloxía e do patrimonio asociado á auga:
● Ruta interpretativa das Fragas do Navea e dos Sequeiros de Pena Folenche.
● Sendekaiak, que combina sendeirismo e un tramo en kaiak.
● Barranquismo xeolóxico, cun descenso de canón acompañado por un xeólogo.
● Na busca de ouro, con percorrido por unha antiga ruta romana, visita ao Museo da Minaría Aurífera Romana e actividade de bateo de ouro no río Lor.
● Imos pescar, unha xornada de iniciación á pesca.
● Ruta interpretativa do río Mao.

Buses experienciais. Percorridos en autobús para coñecer de primeira man proxectos produtivos, explotacións e espazos de creación repartidos pola Ribeira Sacra:
● SaborBus, con visitas a empresas produtoras de alimentos.
● GranxaBus, para descubrir explotacións agrogandeiras.
● ArtistaBus, con visitas a talleres de artistas e artesáns locais.

Cultura da auga. Un conxunto de propostas para afondar na memoria, nas lendas, na arquitectura e nas transformacións históricas da paisaxe da Ribeira Sacra:
● Unha tarde no muíño, unha tarde non é nada, sobre o funcionamento tradicional dos muíños como espazos de traballo, encontro e lecer.
● Na procura das xacias, unha experiencia arredor dos seres mitolóxicos e das lendas do territorio.
● Císter, arquitectura da auga, centrada na importancia da auga no desenvolvemento dos mosteiros.
● De Diomondi a Belesar, un camiño contado, seguindo o Camiño de Inverno e distintos elementos da cultura da auga, como o Ecomuseo de Arxeriz.
● Os encoros, transformación da paisaxe no século XX, cunha visita ao interior dun encoro e un percorrido interpretativo pola pegada destas infraestruturas no territorio.

Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra/A.C.I.R.S.

Calendario de actividades

As experiencias desenvolveranse durante seis fins de semana consecutivas:
● 23 de maio: Danza e música contemporánea / ArtistaBus Ourense
● 24 de maio: Ruta interpretativa das Fragas do Navea e Sequeiros de Pena Folenche / Unha tarde no muíño, unha tarde non é nada
● 30 de maio: Sendeirismo + kaiak / SaborBus Lugo
● 31 de maio: Artistas por un día. Escultura e pintura
● 6 de xuño: Na procura das xacias / Barranquismo xeolóxico / GranxaBus Lugo
● 13 de xuño: Na busca de ouro / SaborBus Ourense / Artesanía
● 14 de xuño: Xogando co teatro / Imos pescar
● 20 de xuño: Sinte a música de raíz / Císter, arquitectura da auga
● 21 de xuño: Ruta interpretativa do río Mao / GranxaBus Ourense
● 27 de xuño: Danza e música contemporánea 2 / De Diomondi a Belesar, un camiño contado
● 28 de xuño: Os encoros, transformación da paisaxe no século XX / Na procura das xacias / Danza e música tradicional.

Inscrición aberta e actividades gratuítas

O prazo de inscrición para participar nas diferentes experiencias está xa aberto. As persoas interesadas poderán anotarse nas propostas que desexen a través das canles habilitadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, ata completar as prazas dispoñibles.

Todas as actividades inclúen, cando sexa necesario, os desprazamentos, así como comida e/ou petiscos e un agasallo de recordo para as persoas participantes. Desde o Consorcio anímase tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a sumarse a esta programación, pensada para vivir a Ribeira Sacra dun xeito diferente: máis próximo, máis participativo e máis conectado cos seus recursos culturais, naturais e humanos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música e danza tradicional galegas

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao...

8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha árbore no temporal

A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da...

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...

‘Escoba de Platino 2026’ para o Concello de Monforte

O Concello de Monforte presume de 'Escoba de Platino', un galardón outorgado pola Asociación...