HomeCulturaO IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

O IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, inaugurou a pasada semana o novo auditorio do IES Lama das Quendas no que se investiron 750.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acompañaron ao conselleiro a xefa territorial de Educación da Xunta en Lugo, Sagrario Sánchez, o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e representantes do centro de ensino. O novo auditorio localízase na parte traseira da parcela do centro nunha superficie de 348 metros cadrados, aproveitando un pequeno tramo da carballeira da parte traseira do instituto.

As instalacións contan con 206 butacas, tres prazas reservadas para usuarios de cadeira de rodas, escenario, camerinos, almacén, espazos técnicos e unha zona específica para a gravación de actividades.

Desde a Xunta subliñaron que os centros educativos de Chantada realizaron varias obras no marco do Plan Nova Arquitectura Pedagóxica, por un investimento global de 1,5 millóns de euros. A intervención no Lama das Quendas súmase a outras executadas o pasado ano no colexio Xoán de Requeixo, onde se renovaron fiestras e portas do edificio e substituíronse as cubertas do ximnasio e o comedor por máis de 460.000 euros. No IES Val do Asma houbo un investimento próximo aos 300.000 euros para renovar fiestras, portas, canlóns e falsos teitos.

Curso fabricación mecánica no IEs Gregorio Fernández de Sarria

A Xunta pon en marcha no IES Gregorio Fernández de Sarria, un curso centrado na familia de fabricación mecánica. As directoras territoriais das Consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López; e a de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Sagrario Sánchez, informaron sobre a iniciativa no transcurso dunha visita ao centro educativo. O investimento ronda os 41.000 euros.

O curso, que xa está en marcha conta con 440 horas de formación teórica e práctica na especialidade de Operacións auxiliares de fabricación mecánica. O alumnado opta a un certificado do Sistema de Formación Profesional de nivel 1. Esta programación enmárcase nun acordo de colaboración entre ambas Consellerías, co fin de coordinar accións de formación profesional para o emprego de forma que se axusten ás necesidades reais do tecido produtivo local.

IES Gregorio Fernández / Delegación territorial

ÚLTIMAS

O RadioVisual do Patrimonio emitiu desde A Seara coa Fundación Legar e alumnado do CEIP de Quiroga

O Centro de Interpretación da Música de Raíz localizado na aldea da Seara é,...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo...

Centeais, na parroquia de Montefurado, ‘revive’ coa celebración da súa festa

Moitas aldeas do sur de Lugo, por desgraza, están en perigo de extinción por...

Hospitalizada unha menor tras caer nunha piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...