HomePolíticaPresentada a xunta xestora do PP de Monforte

Presentada a xunta xestora do PP de Monforte

A nova xunta xestora está integrada por cinco homes e catro mulleres cunha media de idade de 46 anos, mesturando persoas con experiencia e persoas máis novas na formación.

Publicado o

- Advertisement -

A xunta xestora do PP de Monforte encabezada polo médico Miguel Lemos contará tamén con Sandra Anido Agra que se encargará da secretaría de Organización e Inmigración; Ángela Nogueiro Rubinos, da secretaría de Igualdade e Ferrocarril; Jaime López Álvarez será o responsable de Sanidade e Acción Social; e Bruno Daniel Bragança Barradas, de Xuventude e Promoción Turística.

Igualmente, a xestora do Partido Popular local contará cunha secretaría rural e de persoas maiores da que se encargará Andrés Rodríguez Vázquez; María Corona Pilar Carreira Rodríguez, da secretaría Empresarial e de Política Municipal; Manuel de Jesús López Sánchez, será o responsable de Comercio e Servizos á Cidadanía; Pedro Rey Pérez, de Emprendemento e Dinamismo Económico e complétase a xunta xestora local do PP coa mestra María Carmen Pérez Álvarez como responsables da secretaría de cultura e deportes.

A nova xunta xestora conta con persoas que levan toda a vida traballando para o Partido Popular en Monforte, ademais de “mozos con ganas de aportar ideas e dedicación”. Lemos tamén destacou que se integran persoas de diferentes sectores do ámbito empresarial e tamén do sanitario.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...