HomePolíticaAgroma Sober esixe un plan urxente para mellorar a sinalización turística e...

Agroma Sober esixe un plan urxente para mellorar a sinalización turística e a conectividade no Concello

O Grupo Municipal de Agroma Sober – IGV vén de rexistrar unha moción para o próximo Pleno na que se reclama unha análise rigorosa e unha actuación inmediata sobre os graves problemas que presentan as estradas, a sinalización e a xestión dos fluxos turísticos no municipio. A formación considera que estas carencias están a dificultar a vida da poboación local e a frear o desenvolvemento dun modelo turístico de calidade, sostible e xerador de emprego estable no territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -
  • A moción denuncia situacións como o atasco dunha caravana na baixada de Xabrega, a saturación de vehículos no embarcadeiro de Doade e nos Chancís, ou o perigo en pistas de ribeira onde “dificilmente pasan dous coches se se cruzan”. Lamentan que “a propaganda da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial casa pouco coa escasa preocupación polas infraestruturas básicas. A pesar de existir un Plan de Sostibilidade Turística cunha partida significativa para mobilidade, a realidade mostra unha falta de execución e transparencia preocupante”.

Agroma Sober – IGV propón unha batería de 16 medidas concretas que inclúen:

  • Un plan de choque para as estradas: Impulsar sen demora o arranxo das vías municipais e provinciais, e esixir á Deputación a planificación xunto cos concellos, de xeito equitativo, da reparación das estradas municipais con axuda do parque móbil provincial.
  • Revisión e remodelación da sinalización: Actualizar a cartelería turística e de adegas e regular a sinaléctica privada para evitar confusións.
  • Xestión intelixente dos fluxos: Prohibir o paso a non residentes en pistas perigosas, crear zonas de aparcadoiro para autocaravanas e instalar badéns en puntos conflitivos.
  • Modernización e conectividade: Incluír indicacións precisas sobre o estado das estradas na información turística e revisar as rutas de Google Maps, así como impulsar accións de mapeo en tempo real e actuación en rede das oficinas de turismo.
  • Transparencia e planificación: Esixir ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra información detallada sobre o estado de execución do Plan de Sostibilidade Turística.

A voceira de Agroma Sober – IGV, Paula Vázquez Verao, destaca que “Sober ten un potencial inmenso para un turismo que xere alto valor económico e social, pero para aproveitalo e xerar emprego de calidade necesitamos infraestruturas á altura. Non podemos permitir que a falta de mantemento e a improvisación afasten a visitantes e poñan en perigo a nosa xente. As nosas propostas buscan converter Sober nun destino intelixente, seguro e sostible, onde o turismo sexa un motor de desenvolvemento real e non colisione cos intereses da veciñanza”.

ÚLTIMAS

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...