HomesociedadeABANCA doa equipos contra incendios aos concellos do sur de Lugo

ABANCA doa equipos contra incendios aos concellos do sur de Lugo

A entrega dos kits de extinción levouse a cabo este xoves no Polígono dos Acivros, en Chantada, coa participación dos concellos beneficiarios, da deputada, Pilar García Porto e do delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ABANCA e Afundación doan kits de extinción aos concellos de Quiroga, Pantón, A Pobra do Brollón, Sober, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Bóveda, Paradela, Taboada e Portomarín. Os equipos que se repartiron este xoves pola mañá están compostos por unha mochila ríxida con lanza de dobre acción para expulsar auga de xeito continua e batelumes para sufocar as chamas sobre o terreo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, agradeceu a ABANCA que colabore na loita contra os incendios forestais coa entrega deste material, “demostrando que este é un reto compartido e precisa do compromiso de toda a sociedade e das entidades que cren no futuro do noso rural”.

O delegado explicou que a Xunta destina este ano máis de 213 millóns de euros ao Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), o que supón un incremento do 18 % respecto ao ano anterior. Destacou tamén que máis do 95% dos concellos galegos adheríronse ao convenio con Seaga proposto polo Goberno galego para a xestión de biomasa nas faixas secundarias. Entre outros aspectos, o acordo inclúe un orzamento de 25 millóns de euros anuais, o dobre que no convenio anterior -100 millóns ata 2029-; a axilización das execucións subsidiarias cando os propietarios non cumpran as súas obrigas, e o aumento do número de parroquias priorizadas nun 75% (de 157 a 276).

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que “Nun territorio como o noso, marcado pola presenza do monte e pola dispersión da poboación, a colaboración entre administracións, entidades e tecido económico resulta fundamental”. García Porto referiuse aos incendios como un reto compartido e engadiu que “cada achega conta cando se trata de protexer ás persoas, ás vivendas, ás explotacións agrogandeiras e unha paisaxe que forma parte da nosa identidade”.

Equipos contra incendios entrega polígono dos Acivros / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...