HomeCulturaLamatumbá, Xose Lois Romero&Aliboria e Calle Mambo no Terra Brava do Incio...

Lamatumbá, Xose Lois Romero&Aliboria e Calle Mambo no Terra Brava do Incio grazas á Vicepresidencia da Deputación

O Incio prepárase para unha nova edición do festival Terra Brava, que se celebrará o 15 de agosto coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello do Incio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concertos comezan ás 19.30 pero o ambiente festivo respirarase desde o mediodía coa sesión vermú, animada pola Charanga Bicoia. e o xantar popular na carballeira, onde haberá tamén un espazo para xogos infantís. A organización habilitará tamén unha zona de caravanas e acampada.

O vicepresidente da Deputacíon de Lugo Efrén Castro, a deputada de Cultura Iria Castro, o alcalde do Incio Héctor Corujo e Luis Valcárcel, responsable da organización, presentaron o cartel do festival, no que destacan as actuacións de Lamatumbá, Xose Lois Romero&Aliboria e Calle Mambo.

A colaboración co festival Terra Brava encádrase na rede de apoio que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece a festivais promovidos polo tecido asociativo para fomentar a presenza da música galega e en galego en eventos musicais por todo o territorio da provincia.


ÚLTIMAS

Carude festexa o ‘Octoberfest’

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa...

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...