HomesociedadeO rexedor do Incio reúnese co presidente da Xunta para avanzar distintos...

O rexedor do Incio reúnese co presidente da Xunta para avanzar distintos proxectos turísticos

Os mandatarios abordaron a situación da Casona, do balneario da Ferrería ou do itinerario cultural Eufrasiano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a reunión de traballo entre o alcalde do Incio, Héctor Corujo, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o rexedor agradeceu a boa disposición do xefe do Executivo autonómico coas necesidades que lle trasladou.

En concreto, ambos os mandatarios abordaron a situación na que se atopa a Casona da Cruz do Incio, propiedade da Deputación de Lugo e que leva anos á espera de rehabilitación. O presidente expresou o seu compromiso de colaborar na súa rehabilitación na mesma medida que o faga a institución provincial de cara a recuperar o inmoble para convertelo nun espazo público aberto para os veciños e veciñas.

Nesta que foi a primeira reunión que o rexedor mantén co presidente, tratouse tamén a importancia de recuperar o antigo balneario da Ferrería, o estudo do desenvolvemento dun polígono industrial na localidade ou o impulso do itinerario cultural Eufrasiano, para o que se podería optar a axudas da administración galega.

ÚLTIMAS

Remata a pavimentación da rúa Calvo Sotelo de Monforte cun investimento de 183.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e...

A piscina climatizada de Monforte incrementa nun 86% o número de abonados desde a súa reapertura trala reforma

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción pola evolución experimentada...

CSIF denuncia que Correos mantén sen cubrir preto do 60% do persoal de repartición de Monforte

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denuncia a grave falta de persoal...

A D.O. Ribeira Sacra presentará viños e nova imaxe en Bilbao, Países Baixos e Lugo

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará en tres accións promocionais...