HomeCulturaEste 10 de agosto comeza na Praia Fluvial de San Clodio o...

Este 10 de agosto comeza na Praia Fluvial de San Clodio o ciclo “Historias de vida”

Este luns, 10 de agosto, as Conversas de Verán, organizadas polo Concello de Ribas de Sil na Praia Fluvial de San Clodio, abrirán unha nova etapa coa incorporación dun novo formato baixo o título «Historias de vida». A primeira protagonista será Concepción Rodríguez, con fondas raíces en Torbeo, onde viviu parte da súa infancia e onde continúa pasando varias semanas cada ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ata o momento, as Conversas de Verán estiveron centradas fundamentalmente na historia local, da man do mestre Manuel Cao, que nesta edición xa compartiu coa veciñanza dous encontros que contaron cunha importante asistencia de público e cun grande interese polos temas abordados. Manuel Cao regresará en setembro para unha nova conversa sobre a toponimia de Ribas de Sil, continuando así o percorrido pola memoria, a historia e o patrimonio do municipio.

Este luns comeza unha nova proposta, “Historias de vida”, que pretende achegar ao público persoas vinculadas a Ribas de Sil e ao territorio do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, para coñecer non só o seu traballo e a súa traxectoria profesional, senón tamén os camiños persoais e familiares que as levaron ata eles.

A primeira protagonista será Concepción Rodríguez, filla dunha familia emigrante, a súa historia permite tamén lembrar a experiencia de tantos veciños e veciñas que tiveron que deixar Ribas de Sil na procura dun futuro noutros países. O seu pai foi propietario da lembrada Empresa Torbeo, a liña de autobuses que durante anos comunicou diferentes localidades da comarca e que aínda permanece na memoria de moitas persoas. Na actualidade, Concepción Rodríguez desenvolveu a súa carreira profesional en Francia, onde ocupa un posto de alta responsabilidade no Exército francés. Ten ocupado importantes postos e responsabilidades en Francia e en distintas partes do mundo e nos próximo meses alcanzará o grao de Xeneral. 

A conversa permitirá coñecer o seu percorrido vital, desde as raíces familiares en Torbeo e a experiencia da emigración ata a súa traxectoria profesional, pero tamén reflexionar sobre a relación que manteñen coa terra de orixe aquelas xeracións que medraron ou desenvolveron a súa vida fóra dela. A cita será o luns 10 de agosto, ás 21:00 horas, na Aula de Pesca da Praia Fluvial de San Clodio, con entrada aberta a todas as persoas interesadas.

ÚLTIMAS

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...