HomeComarca de QuirogaQuirogaFin de festas en Quiroga coa Mostra do Mel e concerto da...

Fin de festas en Quiroga coa Mostra do Mel e concerto da Panorama

Este luns, 10 de agosto, rematan as Festas de Verán de Quiroga. Na xornada de mañá o protagonista será o mel, e pola noite, o espectáculo da coñecida orquestra galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga encara o derradeiro día das súas Festas de Verán que comezaron o pasado 6 de agosto co concerto do Grupo América e unha camiñada nocturna que tivo ademais un carácter benéfico. O obxectivo principal da andaina Noite de Estrelas era o apoio á Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e a recadación íntegra das inscricións, 2.238 €, foi doada a esta asociación para apoiar a investigación e a axuda aos pacientes e ás súas familias.

Despois de varios días con actividades para todos os públicos e moita música, este luns celébrase a Feira máis importante do ano que cadrará ademais coa XXV Mostra do Mel de Quiroga. Unha cita cun dos produtos estrela do concello. Este ano participarán 5 postos con outras tantas referencias: A Varrosa, Caurelor, Pedro Soto, Manuel Macía e Mari Carmen Macía.

Mari Carme Macía co seu posto de mel (2025). Foto: XMF

A apertura do recinto feiral, situado na Rúa Real, será ás once da mañá con alborada a cargo do grupo tradicional local O Recanto. E xa ás 13:30 h. terá lugar unha sesión vermú a cargo do músico Jorge Ferre na Praza Rúa Lago.

E como peche á programación deste ano, ás 23:00 h actuará a orquestra Panorama na zona de aparcamento que hai na contorna do CEIP de Quiroga.

Orquestra Panorama / orquestasdegalicia.es

ÚLTIMAS

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...