HomesociedadeQuiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

O delegado territorial, Alfonso Villares, visitou esta semana as instalacións acompañado do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, para comprobar o resultado da actuación, promovida polo Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros á mellora do local social de Quiroga. A achega concedida, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, supón o 90% do orzamento total.

Os traballos consistiron na instalación dun sistema de climatización mediante bombas de calor. A actuación incluíu o subministro e montaxe de tres equipos de aerotermia -un cassette de teito e dúas consolas chan/teito-, a reforma do cadro eléctrico existente e as intervencións necesarias para a posta en funcionamento da instalación.

A intervención permitiu mellorar o confort térmico e a eficiencia enerxética deste espazo municipal de uso social, garantindo un uso continuado do local ao longo de todo o ano, en condicións axeitadas de seguridade e salubridade.

Villares destacou o apoio do programa Leader a proxectos “que contribúen á dinamización social do rural e á mellora dos servizos e equipamentos públicos, o que ten unha incidencia directa na calidade de vida da veciñanza”.

Neste 2026 o Goberno autonómico publicou a maior convocatoria da historia das axudas Leader, cun orzamento de 28,7 millóns de euros para o período 2026-2028. Esta nova convocatoria recibiu preto de 1.000 solicitudes, o que supón un incremento dun 65% máis respecto ao ano anterior. A intervención Leader mobilizou máis de 40 millóns de euros para o rural galego en axudas para a posta en marcha de proxectos de desenvolvemento rural, ao abeiro do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027

Local social de Quiroga visita Villares / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...