HomesociedadeExtinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

O lume afectou finalmente unha superficie de 467,4 hectáreas, das cales 397 corresponden a monte arborado e as 70,4 restantes a raso

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes, 15 de setembro, no concello de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra, quedou extinguido ás 13,55 horas deste domingo, 27 de setembro. Neste lume foi preciso decretar o pasado mércores, día 16, a Situación 2 como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que xa quedou desactivada nesa mesma xornada.

Neste lume ardeu unha superficie de 467,4 hectáreas, das que 397 corresponden a monte arborado e as  restantes 70,4 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 16 técnicos, 103 axentes, 139 brigadas, 93 motobombas, 9 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...