HomeCultura'Éxitos da música galega' na Casa da Memoria de Bóveda

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

A Casa da Memoria, na aldea de Xullán, acollerá o vindeiro sábado 17 de outubro, ás 20:00 horas, un percorrido musical por grandes clásicos da música galega como "Lela", "Negra sombra", "O tren" ou "Quen puidera namorala". Os intérpretes desta proposta musical son Francisco Castro e Valerio Araujo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e que se converteron en ‘clásicos’, teñen unha ocasión de revivilos na Casa da Memoria da man dos músicos Francisco Castro e Valerio Araujo. Será o vindeiro 17 de outubro ás 20:00 h. cun concerto moi especial que leva por título “Éxitos da música galega”.

Francisco Castro é escritor, editor e músico. A memoria atravesa tamén boa parte da súa traxectoria literaria: hai case vinte anos publicou “Chamádeme Simbad”, unha obra pioneira na literatura galega á hora de achegar ao público infantil a realidade do alzhéimer, inspirada na propia experiencia da súa familia. Castro estará na Casa da Memoria acompañado polo percusionista Valerio Araujo para propoñer outra maneira de regresar á memoria a través da música.

“Cancións inmortais da nosa música, desas que forman parte da banda sonora de varias xeracións e que son quen de espertar lembranzas, emocións e historias”, sinalan os organizadores de A Memoria é Náufraga convidando a gozar dun “concerto pensado para cantar, emocionarse, compartir e lembrar, aberto ao público xeral e especialmente fermoso para compartir tamén entre xeracións”.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...