En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa se o obxectivo é xuntarse e pasalo ben. Deste xeito, o vindeiro 17 de outubro celebrarán por segundo ano o ‘Octoberfest’, unha celebración típica alemá na que a cervexa é a protagonista.
A Capela de Carude será o epicentro da celebración que empezará ás 13:00 h e promete gozar dun gran ambiente de encontro con amigas e amigos gozando de boa música, de cervexas de importación e salchichas típicas alemás.

Ás 13:30 h. está programado un concerto do grupo De-Loreans, ás 16:00 h. haberá xogos infantís e sorteos para a cativada, e xa pola tarde, a partir das 18:00 h. a música correrá a cargo de Dinosaurios.


