Homesociedade192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

Este mércores e o xoves procédese á rexeneración da capa asfáltica con aglomerado en quente da rúa Otero Pedrayo, a rúa Luis García Arias (na parte baixa), rúa Castelao e rúa Poeta Añón. Durante as obras non se pode estacionar nestas rúas, pero está permitido o acceso dos autobuses e outros vehículos aos centros de ensino, nos horarios de entrada e saída das clases.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas parroquias e na vila. Esta semana comeza a execución deste plan actuando en varias rúas da vila do Asma: rúa Otero Pedrayo, a rúa Luis García Arias (na parte baixa), rúa Castelao e rúa Poeta Añón. Unha vez renovado o pavimento destas rúas pintarase toda a sinalización de pasos de peóns e estacionamentos.

Posteriormente actuarase na rúa da Ponte e na rúa Fray Alonso Varela, onde se fará tamén rexeneración da capa asfáltica e pintado da sinalización. Nesta primeira fase contémplase ademais, a mellora da prolongación da rúa Concepción Arenal e da rúa Ribeira Sacra que inclúen construción de beirarrúas e pavimentados.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, asegura que estas obras mellorarán o tráfico en zonas de moito tránsito, “as rúas nas que estamos traballando eran das máis deterioradas, con estas obras damos maior accesibilidade á contorna dos centros de ensino e abrimos dous tapóns urbanísticos en Concepción Arenal e na rúa Ribeira Sacra”.

Estas obras adxudicáronse por 192.390€, que corresponden a fondos propios con cargo ao préstamo para mellora de viais.

Melloras viarias / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...