HomesociedadeAberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O comezo do curso 2026-2027 será este venres 16 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará o curso o vindeiro venres, 16 de outubro de 2026, e as actividades impartiranse no Centro Cívico, no Paseo do Malecón s/n. Para realizar a inscrición, as persoas interesadas deberán tramitar a solicitude a través da oficina de Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica.

Especialidades que se ofertan: Ballet clásico (a partir de 5 anos), danza contemporánea (a partir de 10 anos) e hip hop (a partir de 10 anos).

As clases da Escola de Danza céntranse nunha didáctica máis académica baseadas nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña ou a expresión, entre outras, atendendo aos principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Se é o caso, a orientación encamíñase cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno ou alumna así o aconsellen.

ÚLTIMAS

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...