HomeDeportesA 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

O rally, organizado pola Escudería Miño, disputarase en cinco treitos a dobre pasada en estradas de Outeiro de Rei, O Corgo, Samos e Baralla, que suman 104 quilómetros cronometrados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na contorna da vila e paso por Piñeira, Sixirei, Vilarello ou Vilarpunteiro, e o de Sarria, con paso po Goimil, Seteventos ou San Sadurniño de Ferreiros. A proba lucense, a penúltima do Campionato Galego de Asfalto, conta con 114 pilotos inscritos.

As primeiras pasadas polos tramos de Outeiro de Rei e O Corgo celébranse venres -16 de outubro – pola tarde, antes da cerimonia de saída que reunirá a todos os participantes na Praza da Horta do Seminario, en Lugo. O rallly continuará o sábado, coas segundas pasadas por Outeiro e O Corgo, e os treitos de Baralla, Sarria e Samos, que pechará un ano máis a proba, cun tramo nocturno.

A competición conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación. Durante a presentación Efrén Castro ratificou o apoio da institución provincial a unha proba que converte Lugo no punto de referencia de todos os afeccionados e afeccionadas ao automobilismo galego.

Efrén Castro enmarcou o apoio ao rally “nas accións de apoio ao automobilismo que poñemos en marcha desde a Vicepresidencia da Deputación, dirixidas fundamentalmente a manter a actividade da escuderías e pilotos” e citou “a liña de axudas específica para pilotos de rally que se convoca anualmente” e “a organización, conxuntamente con PTC Escuela e co Concello da Pastoriza, do Volante Deputación, que ofrece a pilotos noveis posiblidade de participar de forma gratuíta no rally”

O gañador do Volante Deputación 2026, o focense, Bruno Martínez Bermúdez, estrearase na competición a bordo dun Dacio Sandero, no equipo de competición PTC Escuela, como premio a súa vitoria na proba provincial do pasado mes de maio.

O piloto mariñao participou na presentación do Rally xunto a unha decena de pilotos lucenses, que amosaron os seus vehículos na Praza de San Marcos. Tamén participaron na presentación representantes do concellos de Lugo, Outeiro de Rei, O Corgo, Sarria, Samos e Baralla, así como da Xunta de Galiza e da Subdelegación do Goberno.

Presentación 48 edición do Rally San Froilán / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...