O quirogués Julio Ferrín estréase na sección ‘Recantos’ do programa Luar da TVG. No concurso representa non só a comarca quiroguesa, o territorio do Xeoparque, se non a todo o sur da provincia de Lugo.
Nesta primeira actuación en directo dentro do programa será valorado polo xurado profesional do concurso, pero tamén se contará coa participación do público mediante os seus votos, que se activarán no momento da actuación. Estas votacións pódense realizar a través de chamada telefónica, WhatsApp, Facebook ou Instagram.

