HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada amplía a superficie do Punto Limpo

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, e o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, veñen de visitar o punto limpo para facer seguimento do estado de execución dos traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras de ampliación do punto limpo e para adquirir un vehículo de recollida separada de biorresiduos. Ambas iniciativas foron promovidas pola entidade local co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que achega 194.500 euros para estes dous proxectos e para implantar a compostaxe e a recollida separada de residuos téxtiles en Chantada.

A actuación ten por obxecto incrementar a superficie destas instalacións, dotadas cun equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de especiais características. O proxecto inclúe a construción de peches e soleiras, así como unha nova caseta de recepción e admisión.

O obxectivo é mellorar a eficiencia na xestión dos refugallos de competencia municipal, co fin de avanzar cara uns espazos máis limpos, máis sostibles e máis saudables para toda a cidadanía.

ÚLTIMAS

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...