HomesociedadeUnidade para reclamar a mellora ferroviaria entre Astorga e Monforte, coa construción...

Unidade para reclamar a mellora ferroviaria entre Astorga e Monforte, coa construción do bypass de Monforte

Este xoves quedou constituída en Ourense a Alianza Empresarial do Noroeste, onde sector empresarial e político suman forzas para conseguir unha rede ferroviaria que aproveite o potencial industrial e loxístico.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esta nova alianza virá reforzar a competitividade territorial e a das empresas que a integran. Lembrou que hai un mes, representantes empresariais, institucionais e sociais de todo o noroeste peninsular reuníronse en Santiago cos presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León para reivindicar a modernización da conexión ferroviaria.

A pasada semana os organismos europeos decidían que o Corredor Europeo Atlántico de Mercadorías se estendese ao noroeste peninsular. Agora a Conselleira pide que se manteña a unión e conseguir os fondos europeos realizando proxectos de calidade.

Entre as demandas máis urxentes que teñen definidas destacan unha rede de puntos de adiantamento cun número que permita reducir ao mínimo os tempos de espera e cun tamaño que permita trens de 750 metros; a mellora entre Astorga e Monforte, coa construción do bypass de Monforte que elimine a necesidade do investimento de marcha nesa cidade; ou a solución ao porto do Manzanal, eliminando as pendentes existentes.

A Conselleira tamén puntualizou que o AVE vai chegar a Galicia a través de Ourense polo empeño das administracións locais, autonómicas e central, así como pola rede de intermodais nas cidades galegas.

 

ÚLTIMAS

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...