HomeTerra de LemossanidadeEn Marea leva ao Parlamento a odisea da veciña de Quiroga entre...

En Marea leva ao Parlamento a odisea da veciña de Quiroga entre o Hula e o Hospital de Monforte

En Marea faise eco da información publicada en Xornal de Lemos na que se recollía a denuncia da familia da veciña.

Publicado o

- Advertisement -

Xornal de Lemos publicaba o pasado día 25 de marzo, a denuncia da familia dunha veciña de Quiroga que leva meses para poder ser operada no HULA dunha lesión que ameaza con deixala en cadeira de rodas. A denuncia foi recollida por En Marea que vén de presentar unha iniciativa parlamentaria ao respecto.

Pregutan por que non atende a EOXI de Lugo a reclamación desta veciña e que cantidade de citas anuais se aprazan na EOXI de Lugo en cada servizo do mesmo xeito que a desta paciente.

Preguntan tamén por que se lle traslada a esta paciente que non se opera a maiores de 55 anos e interénsase por se o SERGAS  vai aclarar este caso, poñerse en contacto coa familia, e solucionar o problema da paciente.

ÚLTIMAS

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...