HomesociedadeEn Marea presenta ao Parlamento, a instancias da CUP Chantada, unha iniciativa...

En Marea presenta ao Parlamento, a instancias da CUP Chantada, unha iniciativa sobre o barrio da Ponte

Solicítase unha ponte como alternativa para desviar o tránsito e asegurar a seguranza dos peóns.

Publicado o

- Advertisement -

Esta vía é a conexión das parroquias do Convento e Camporramiro con Chantada, ademais de ser o acceso principal á vila de oito freguesías e de ter un acceso á N-540, converténdose nun dos principais puntos de conxestión do tráfico do Concello. O lugar tamén é zona de trásito de peregrinos por pasar o Camiño de Inverno. Trátase tamén dunha zona de relevancia para Chantada, como é a alameda, e para visitar a igrexa e o mosteiro de San Salvador de Asma, recentemente declarados Bens de Interese Cultural.

Para superar esta problemática, a maioría da veciñanza solicita a construción dunha nova ponte dende o Convento ata Chantada onde se atopa o transformador de Fenosa. Eliminaríanse así, os atascos que se producen en determinadas horas; asemade, melloraríase a seguridade viaria en toda a zona.

Tanto a protección do Patrimonio como a promoción turística ou as obras públicas son competencias da Xunta de Galicia, polo que dende En Marea consideramos que a Xunta se debe implicar no proxecto. A veciñanza xa se tiña dirixido á Valedora do Pobo por este tema, un caso que foi tamén levado a pleno en varias ocasións.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...