HomesociedadeA Garda Civil dá pautas de seguridade a mulleres rurais de Carballedo

A Garda Civil dá pautas de seguridade a mulleres rurais de Carballedo

A charla, organizada en colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR), inclúese na programación do Plan Maior 2018-2019 que desenvolve na provincia a Garda Civil.

Publicado o

- Advertisement -

Co obxectivo de velar pola seguridade dos nosos maiores, a Garda Civil, ademais das tareas de que lle son propias, desenvolve un Plan Maior de Seguridade no que un grupo de axentes imparten charlas con información e consellos especialmente dirixidos a este colectivo. Trátase de axudalos a previr riscos tanto na casa como nas estradas ou en situacións como poden ser os incendios. Tamén se facilitan pautas para facerlle fronte a posibles abusos de confianza ou de cómo actuar no caso de sofrir malos tratos.

Así, as persoas asistentes á charla, no concello de Carballedo recibiron consellos, para afrontar riscos dentro do seu domicilio, como ter o teléfono situado nun lugar fácilmente accesible, manter ben iluminadas e con pasamáns as escaleiras, conservar limpo o interior das chimeneas ou non gardar cartos na casa. Ademais, déronlles recomendacións para evitar ser vítimas de estafas ou timos e tamén se trataron temas como as posibles desorientacións na vía pública.

Entre os obxectivos do Plan Maior figuran o de axudar aos maiores a previr ameazas, coñecer as necesidades e medos das persoas maiores e mellorar a resposta da Garda Civil en función das necesidades que ten este grupo de poboación.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...