HomeSucesosTardan nove horas en apagar un lume iniciado nuns rolos de herba...

Tardan nove horas en apagar un lume iniciado nuns rolos de herba almacenadas en Chantada

Publicado o

- Advertisement -

Unha gran cantidade de rolos de herba almacenados nunha nave particular, situada nas inmediacións do Santuario de Fátima, no municipio lucense de Chantada, arderon esta noite despois de producirse un incendio.

Segundo informa o 112 Galicia, o lume comezou sobre as 19,00 horas do venres e os bombeiros traballaron para extinguilo ata as 4,00 horas. Non houbo feridos nin danos materiais máis aló da herba queimada.

Tras recibir a chamada de alerta por parte dos axentes da Garda Civil, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron ademais dos Bombeiros de Chantada, os axentes da Policía Local, os membros do GES de Monterroso e os efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, distintos medios do Concello e do Servizo Provincial de Incendios prestaron a súa colaboración nas tarefas de extinción.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...