HomesociedadeA Caída da Folla na Ribeira Sacra 2021

A Caída da Folla na Ribeira Sacra 2021

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra retoma o programa de outono "A caída da folla na Ribeira Sacra" con máis e novas actividades que nas edicións anteriores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comezarase en Ribas de Sil cun Obradoiro de Plantas Silvestres para o invierno. A cita será o domingo, 10 de outubro, aprenderase a crear unha caixa de primeiros auxilios básica con plantas silvestres para os meses máis fríos do ano. O prezo é de 15 € / Horario: de 10:00 a 18:30 horas.

O luns, 11 de outubro, en Chantada, farase a actividade, Navegando polo Miño, facemos o Camiño, para coñecer cales son as actividades que se poden realizar ao redor do Camiño de Inverno. O prezo é de 6 € / Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Apicultor/a por un día é a actividade proposta para o martes, 12 de outubro en Nogueira de Ramuín. Chegou o momento de colocarse o traxe de apicultor e adquirir as nocións básicas para introducirse no incrible mundo da apicultura. O prezo é de 6 € / Horario: de 10:30 a 13:00 horas

O resto da programación do mes de outubro é a seguinte:

Sábado 16. Rural Sketch cores de outono (Sober). Prepara a paleta de cores outonais que saímos a pintar! Acompañados do pintor Eduardo Baamonde buscaremos as mellores paisaxes para inspirarte. Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas

Domingo 17. Arqueoloxía no Camiño de Inverno (Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e O Saviñao). Quenda para descubrir parte dos vestixios arqueolóxicos do Camiño de Inverno ao seu paso por Ribeira Sacra. Prezo: 15 € / Horario: de 9:30 a 18:30 horas

Sábado 23. Curso de micoloxía (Pantón). Macrolepiotas, lactarius, boletus,… imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais de recollida, haberá degustación. Prezo: 30 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas.

Domingo 24. Andaina Penas do Castelo (A Pobra do Brollón). Un percorrido circular pola parroquia de Salcedo, famosa polo seu Entroido, onde nos achegaremos ao seu patrimonio máis oculto. Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 16:00 horas

Mércores 27-Venres 29. Curso Mindfulness (Parada de Sil). Experiencia formativa con Edgar Tarrés, de tres días de duración, sobre baños de bosque, mindfulness, creatividade, felicidade… para que as aprendizaxes poidan utilizarse a nivel persoal, empresarial, profesional ou turístico. Prezo: 30 € / Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Sábado 30. Para chuparse os dedos (Castro Caldelas e A Teixeira). Unha xornada na que a gastronomía será a protagonista. Descubriremos cales son os produtos gastronómicos máis característicos da Ribeira Sacra, ao mesmo tempo que coñeceremos as historias dos protagonistas que os elaboran e, por suposto, degustarémolos! Prezo: 15 € / Horario: de 10:30 a 18:00 horas

Conectando coa natureza (Montederramo). Combinaremos un roteiro de sendeirismo por un dos bosques de bidueiros mellor conservados de Galicia cunha sesión de Ecoyoga para finalizar a xornada. Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 18:00 horas

Domingo 31. Winefulness (Pantón). Preparado/a para potenciar todos os teus sentidos? Comezaremos a xornada cunha sesión de mindfulness e neurobioloxía na natureza para desenvolver ao máximo a nosa sensibilidade e sentidos antes da degustación de viños D.O. Ribeira Sacra. Prezo: 6 € / Horario: de 11:00 a 13:00 horas

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 10. A realización das mesmas están garantidas a partir dun mínimo de 6 prazas. Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados. Prezos, reservas de prazas e outra información de interese en turismo.ribeirasacra.org

Sendeiro no concello de Pantón. Foto: Xosé Manuel Fdez

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...