HomesociedadeA defensa do dono do pub de Chantada acusado de violación pide...

A defensa do dono do pub de Chantada acusado de violación pide a “absolución” do home

Alega "relación consentida".

Publicado o

- Advertisement -

A defensa do dono dun pub da localidade de Chantada acusado de violación, para o que a Fiscalía pide 10 anos de prisión, alega que foi unha “relación consentida” como, asegurou, “xa se produciu con anterioridade”.

Este xoves comezou na Audiencia Provincia de Lugo o xuízo contra este home acusado de violar unha moza á que coñecía, ambos son de orixe suramericana, despois de encerrala no local que rexentaba en Chantada tras a hora de peche.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, os feitos remóntanse á madrugada do 1 de outubro de 2017, cando a moza, de 20 anos, acudiu cuns amigos a un establecemento de lecer nocturno na localidade chantadina.

Unha vez no interior, a vítima saudou o acusado, ao que coñecía desde había ano e medio e que, ademais de propietario do local era o DJ. Sobre as 7,00 horas, segundo o relato de Fiscalía, a moza abandonou o pub para regresar ao seu domicilio, pero advertiu que lle faltaba o teléfono móbil. Por iso volveu ao local e preguntoulle ao acusado, que lle dixo que estaba na cabina de DJ.

Cando a moza subiu á cabina, o home aproveitou para pechar a porta do local e apagar as luces. Seguidamente, “movido polo ánimo de satisfacer o seu apetito sexual”, indícase no relato do Ministerio Público, e “sen consentimento” da muller, abrazouna fortemente e bicouna e, posteriormente, quitoulle os pantalóns e a roupa interior e violouna, segundo a acusación pública.

A Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de agresión sexual con acceso carnal e require para o acusado 10 anos de prisión, así como que permaneza afastado da vítima 18 anos e a indemnice con 15.000 euros.

DISCREPANCIAS

A defensa que exerce David Perales anunciou antes de entrar en sala que ía pedir a “absolución”. “Porque cremos que os feitos que se produciron non teñen nada que ver e entendemos que foi unha relación consentida como xa se produciu con anterioridade”, indicou.

“Hai unhas graves discrepancias na declaración dela tanto ante a Garda Civil como en sede xudicial, mesmo ante o médico forense e non hai ningunha lesión acreditada para que sexa unha agresión sexual”, reafirmou.

Xunto ao avogado ía o procesado, que tamén antes de entrar ao xuízo, negou os feitos ante a prensa e comentou que “non” ten nada que “esconder”, argumento que lle serviu para asegurar que estaba “tranquilo”. “Aquí estamos para iso”, esgrimiu.

Tamén confirmou cun “claro que si”, que a relación foi “consentida”, para, seguidamente, xustificar a denuncia en base a que “non” sabe “se estaba tomada (bebida) ou que”. “Non sei, porque a verdade aínda non o comprendo”, concluíu a súa intervención antes de entrar en sala na Audiencia Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...