HomesociedadeAlbores Saúde Mental convoca o II Certame Fotoxénica-Mente.

Albores Saúde Mental convoca o II Certame Fotoxénica-Mente.

A asociación Albores Saúde Mental convocou no día Mundial da Saúde Mental o II certame Fotoxenica-Mente. O tema deste ano é: A saúde mental e a mocidade

Publicado o

- Advertisement -

Con este certamen queren conseguir que se eliminen os esterotipos e mitos que a sociedade ten sobre as enfermidades mentais para así lograr a súa integración total na sociedade. As fotografías poden presentarse ata o 16 de novembro. Cada persoa poderá presentar un máximo de 3 fotografías.

O certamen é para toda a mocidade,  os menores de idade poderan participar sempre que acheguen un consentimento firmado polo pai, nai ou titor.

Premios:

⏺️O gañador recibirá: 200€, un diploma e a publicación da súa fotografía por parte da Asociación no cartaz do Día da Saúde Mental do 2019
⏺️O segundo premiado recibirá 75€ e un diploma
⏺️O terceiro 25€ e un diploma
⏺️Os 10 primeiros participarán na exposición itinerante que se realizará nos institutos de Educación Secundaria dos concellos de Bovéda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O saviñao, Sober e Monforte.

Para a presentación das fotografías deberanse cumprir os seguintes requisitos:

As fotografías deberan ter un formato electrónico jpg e un título acompañado dun texto de dúas ou 3 liñas no que se explique a idea que se quere transmitir axustándose sempre o tema proposto.

Os traballos poderán enviarse por correo postal ó enderezo: Asociación Albores Saúde Mental, Ronda María Emilia Casas Baamonde S/N, km 0,7 (27400 Monforte de Lemos) ou o por email a: albores@albores.org.

As fotos que cumpran os requisitos publicaranse no Facebook de Albores, onde os usuarios poderan votar ata o 30 de novembro ás 14:00h á imaxe que máis lle guste.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...