HomeEconomíaNovas denominacións de viño de garda e barrica na Ribeira Sacra

Novas denominacións de viño de garda e barrica na Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra tamén amplía a delimitación xeográfica a novas parroquias nos municipios do Saviñao, A Teixeira e Sober.

Publicado o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro da modificación do prego de condicións da Denominación de Orixe protexida Ribeira Sacra.

Entre as novidades máis salientables atopamos as novas denominacións de viños de garda e barrica, así como a posibilidade de producir rosados amparados por esta Denominación de Orixe.

Tamén se inclúen a regulación dos depósitos e tempos mínimo autorizados para a crianza dos  caldos amparados, contemplando materiais como a madeira ou o formigón. Trátase de por en valor elaboracións que se levan a cabo en recipientes de madeira que pola capacidade non entrarían na denominación “barrica” e tamén o uso de depósitos de cemento ou outros materiais. Este tipo de elaboracións véñense realizando desde hai uns 15 anos e son prácticas similares ás que se empregaban outrora, cando aínda non chegara o aceiro ás adegas.  Con esta regulación xa se poden comercializar viños coa mención “garda”, para que tamén se distingan no mercado.

Nesta orde aproveitouse para modificar os requisitos para os viños que levan a mención “súmmun”. Só será preciso que estean elaborados cun 85% de uva das variedades consideradas principais, sen obrigar a que a Mencía represente o 60% do total, como ata o de agora.

No que se refire a castes autóctonas, a Tempranillo pasa a ter a categoría de autorizada e engádense as castes de uva branca, branco lexítimo e caíño branco. O branco lexítimo vai a aportar o seu carácter terpénico e o caíño branco  enriquecerá en matices as elaboracións. No caso das tintas incorpóranse tres: gran negro, caíño longo e caíño bravo.

Outra das novidades proposta é o pequeno axuste que se fai no que se refire aos rendementos , permitindo obter 69 litros a partir de 100 kg de uva, fronte aos 67 anteriores, que son parámetros que permiten obter viños da calidade coas moderna técnicas de prensado.

As zonas de produción e elaboración autorizadas e amparadas por esta DO mantéñense practicamente inalteradas agás algúns pequenos núcleos como o de Fontao, na Teixeira, e Fión, no Saviñao, nas que historicamente se vén cultivando viñedo.

En referencia á elaboración de viño, amplíase a zona ás parroquias de Gundivós (municipio de Sober) e Boazo (municipio da Teixeira). Estes cambios débense a axustes na delimitación territorial das parroquias xa existentes.

 

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...