HomesociedadeClausúrase o Programa Integrado de Emprego de Chantada, mentres está en marcha...

Clausúrase o Programa Integrado de Emprego de Chantada, mentres está en marcha unha nova edición para 100 persoas desempregadas

Ademais de Chantada, participaron os municipios lucenses de Pantón, Bóveda, Paradela, O Saviñao, Sober, Taboada e Carballedo; xunto cos ourensáns de Coles, A Peroxa, San Cristovo de Cea e Vilamarín. Na nova edición súmase Amoeiro (Ourense).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financiará con 220.000 euros un novo Programa Integrado de Emprego compartido por oito concellos do sur de Lugo e cinco da provincia de Ourense. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que este programa daralle continuidade ao clausurado este luns en Chantada, tamén financiado pola Xunta de Galicia.

Cada proxecto vai dirixido a 100 persoas desempregadas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, que durante un ano participan en accións formativas encamiñadas a facilitar o seu acceso ao mercado de traballo.

O delegado destacou que a experiencia demostra o resultado positivo deste tipo de actividades, que na súa planificación teñen en conta as demandas do tecido empresarial do territorio no que se desenvolven. No caso do programa que agora comeza, implica a sectores como o agroalimentario, industria, servizos e sociosanitario.

Durante todo o proceso formativo, o alumnado recibe asesoramento e orientación sobre aspectos prácticos como a motivación para buscar emprego, obradoiros de entrevistas, técnicas para potenciar as habilidades sociolaborais, elaboración de currículos ou inscrición en portais de emprego. Tamén hai accións enfocadas ao fomento da capacidade emprendedora e a prospección empresarial. Ademais, está prevista a realización de prácticas profesionais non laborais.

Así mesmo, impártense horas de formación en especialidades concretas. Algunhas das que se prevén nesta edición son manipulador de alimentos, acompañante de transporte escolar ou introdución á apicultura tradicional e ecolóxica.

PIE Chantada / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...