HomesociedadeHomenaxe ao 'rico de Sampaio' en Carballedo

Homenaxe ao ‘rico de Sampaio’ en Carballedo

Así alcumaban algúns a Francisco Domínguez Mosquera, un filántropo galeguista que trouxo moitos adiantos á contorna grazas aos cartos que fixo en Cuba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural O Garabullo de Carballedo fará unha homenaxe a Francisco Domínguez Mosquera (coñecido como “o rico de Sampaio ou O Pancho da Barrela”), un veciño que Sampaio de Losada que emigrou a Cuba, lugar onde fixo cartos. Parte do capital que foi amasando naquelas terras dedicouno despois a mellorar a vida dos seus seus veciños dun xeito totalmente altruísta.

Este filántropo creou a escola de Carballedo en Sampaio de Losada, ademais de participar na de Vilaquinte e outras en Chantada na liña das máis modernas pedagóxicas do momento. Electrificou a Barrela e fixo as primeiras estradas que unían Sampaio e a Barrela coa nacional. Tamén levou a auga potable e recursos médicos e veterinarios a estes lugares.

Desde o punto de vista  político, Francisco Domínguez formou parte do partido Galeguista, foi presidente do Sindicato Agrario de Carballedo e sábese que participou nos actos de propaganda a favor do estatuto de autonomía de Galicia organizados na hoxe Comarca de Chantada. Mantivo  moitos contactos con Ben Cho Shey, Castelao e Otero Pedrayo, chegando incluso a acompañalos nun mitin no Campo da Feira en Castro, explican dende a asociación impulsora desta homenaxe para honrar a súa memoria.

No ano 1936, por mor da Guerra Civil tivo que volver a Cuba, neste caso como exiliado e acompañado do seu fillo, deixando á súa dona en Carballedo por estar enferma. Un ano despois finou en Cuba con tan só 47 anos.

Segundo explican dende a Asociación Cultural O Garabullo de Carballedo “queremos poñer en valor e dar a coñecer estos persoeiros que están tan esquecidos, a lo menos nas memorias dos máis novos, sendo descoñecedores da nosa propia historia”.

O acto de homenaxe terá lugar o día 26 de xuño, quedando por determinar o tipo de acto, a hora e o lugar.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...