HomeComarca de ChantadaCarballedoCarballedo premiará as mellores imaxes de decoración de Nadal en exteriores

Carballedo premiará as mellores imaxes de decoración de Nadal en exteriores

Todas as veciñas e veciños poden participar enviando fotos ata o vindeiro 26 de decembro e o concurso desenvolverase a través da páxina de Facebook do Concello de Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Carballedo vén de presentar un concurso no que anima á veciñanza a inmortalizar e dar a coñecer as decoracións de Nadal que haberá estes días no exterior.

Deste xeito, animan a enviar unha fotografía nocturna realizada no territorio do concello retratando casas, edificios –fachadas, balcóns, terrazas, portas, etc–, locais comerciais, xardíns, garaxes, hórreos, palleiras…  que estean engalanadas para a celebración do Nadal. As fotografías serán de boa calidade e teñen que enviarse ao correo info@concellocarballedo.es indicando o nome, apelidos e lugar da imaxe antes do 26 de decembro.

As imaxes enviadas a este enderezo electrónico subiranse ao Facebook do Concello o mércores 28 de decembro, intre a partir do cal poderán recibir ‘likes’ das usuarias e usuarios desta rede social. O prazo para as votacións será do devandito 28 de decembro ao 8 de xaneiro de 2023.

PREMIOS

Contémplanse 3 premios para as fotografías que tiveran máis reaccións de ‘Gústame’ tras o reconto final e os agasallos serán lotes de produtos gourmet valorados en 325 euros.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...