Iniciosociedade"Á sociedade aínda lle falta moito por avanzar en materia de integración...

“Á sociedade aínda lle falta moito por avanzar en materia de integración social”

Publicado o

- Advertisement -

Mónica Álvarez, directora do centro da Asociación Agora de Persoas Discapacitadas da comarca de Lemos, é unha persoa implicada cas persoas que teñen necesidades especiais en materia de integración social que dende o ano 2012 dirixe a entidade do centro en Monforte.

Do 6 ó 12 de xullo, un total de 28 persoas pertencentes o Centro de Día e de Vivendas Tuteladas da Asociación, estiveron desfrutando do programa de respiro en Poio (Pontevedra).

Como xurdiu a idea dos programas de respiro?

É unha iniciativa que se leva a cabo para que, tanto os familiares dos usurios do centro como os propios integrantes da asociación, poidan desfrutar duns días de lecer e relaxación.

Dende que eu dirixo o centro de Monforte -2012- todos os anos buscamos unha saída de aproximadamente unha semana de duración para que os nosos usuarios poidan desfrutar dunhas merecidas vacacións cos seus compañeiros.

En que consisten estos programas?

Son unhas vacacións adaptadas a todos eles. Nós encargámonos de buscar localizacións e hospedaxe adaptados as súas necesidades e logo eles programan todas as actividades que queren facer.

Aí teñen toda a liberdade do mundo. Nós soamente lles poñemos o destino de cada ano, eles logo elixen o que queren ver, visitar e facer. Neste tipo de programas sempre visitamos a centros con características similares ás nosas onde poder compartir experiencias e ilusións.

A verdade e que é moi reconfortante ver ós chavales desfrutar dunha semana de vacacións facendo o que a eles realmente lles apetece.

Por exemplo, este ano fomos a Poio. Eles foron os que decidiron visitar a Asociación Vontade de Tomiño. Desfrutaron de actividades lúdicas compartidas e realmente desfrutaron cada minuto. Tamén fumos ata o centro da Asociación Cogami de Vigo e outras moitas visitas máis durante os días que estivemos na provincia pontevedresa.

Que valoración fas deste programa?

Moi positiva. Os usuarios están encantados con este programa. Ó longo do ano sempre procuramos organizarlles visitar lúdicas e de aprendizaxe dun día de duración pero neste caso, é unha semana, e para eles é fantástico. Son unhas vacacións realmente que desexan que chegue o día para poder desfrutalas.

É complicado organizar este tipo de saídas?

Moito. Por desgraza, a sociedade todavía non promociona o turismo adaptado. Realmente é moi complexo atopar aloxamento que cubra as necesidades específicas de 28 persoas con necesidades especiais. Á sociedade todavía lle falta moito en materia de integración social. Soamente está fomentado o turismo sinxelo, o accesible. Pero para xente como os nosos rapaces, é moi difícil atopar hosteis e actividades que se adapten a eles.

Como vos organizades?

Grazas ós voluntarios que traballan para que esto saia adiante. Sen eles esto non sería posible. A súa profesionalidade fai posible realizar todas estas actividades. Sen eles sería imposible.

Asociación agora de monforte

A Asociación sen ánimo de lucro Agora, naceu no ano 1992. O seu obxectivo é promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade para a súa plena integración na sociedade.

Na actualidade atenden a 91 socios máis 55 usuarios de modo directo. Cada día, tanto os integrantes do Centro de Día como dos pisos tutelados, son atendidos polos profesionais de Agora. Tamén dispoñen de transporte adaptado para as comarcas limítrofes da comarca como son Sober, A Pobra do Brollón, Chantada, Bóveda, O Saviñao e Pantón.

 

 

 

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...